SANTALLA DE REI



Inicio
Blog
Tradiciones
Fotos Galicia

 

 

 

Santalla de Rei


Feligrexa que non figura na Guía Diocesana e que se encontra delimitada
polos termos parroquiais de Veiga  o Norte; Ferreiros e Castrosante
o Sur; e Pino e Eixón polo Oeste. No año 1991 contaba con 60 habitantes agrupados nas entidades de Reguengo e Ribeira, sendo a densidade media por entidade, para el mesmo año, de 42'8 hab./Km2.

Fonte do texto: Guía do Concello Pobra do Brollón, 2000

Figura nos documentos antigos como Santalla de mouro queimado, ou Santalla do rei queimado que din os do lugar. Igrexa do século XVII, de dúas naves agochase entre as casas da aldea. Retablo de 1697. Festas celébrase a Santa Lucía o penúltimo domingo de agosto.

 

 

Fonte do texto: Elaboración Propia, Peruchela.

Santalla de Rei.foi durante moitos séculos, e sigue sendo,  o arciprestazgo de un montón de aldeas e parroquias pertencentes a tres concellos, Bóveda, O Incio e A  Pobra do Brollón.  

 

Festas:
Celebrábase a festa o 26 de setembro, había unha gran romaría onde ían a comer os veciños das aldeas do redor en familia. Era tamén costume a actuación duns titeres e actores teatrais chamados OS BARRIGAVERDES.

Decidiron cambiala de fecha porque sempre lles chovía, a finais dos anos 60, para o penúltimo fin de semana de agosto.  

Contos: "O pouco de cambiar a festa de data, O Pardo, que é un popular veciño desta parroquia, dixo que si lles chovía tiraba ca santa o río, e pasou que ese ano queimouse todo o redor do campo e quedaron sen luz, e como os xeradores aínda non fixeran a súa presencia na zona,  quedaron sen festa, ese ano."

A continuación houbo uns anos seguidos que tiveron grandes actuación musicais, tales como Karina no ano 1976 ou Ana Kiro.  Foron unhas das festas máis grandes da contorna.

As populares merendas ou comidas en Santalla duraron ata  mediados dos anos 80.

 

 

FOTOS  DENDE  O AR

Santalla Festas

Galeria de Fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Ediciones Peruchela S.l..