Antes de nomearse Santa María de
Piño, as terras que conforman este territorio do sur lucense así
como as do resto de Galicia, créese foron poboadas por os
oestrymnios, raza autóctona do
lugar adicada a caza e a recolección, para ser primeiramente
desprazados por os celtas, (século VI a.c), poboadores de todo o
territorio galaico, ata a conquista definitiva por os romanos no ano
25 a. C. na famosa batalla do monte Medulio, onde aqueles
derradeiros valentes celtas, despois de saberse vencidos por os
romanos e antes de entregárselles a escravitude, decidiron bailar e
beber para logo envelenarse e morrer, de alí a consigna referente a
este suceso "denantes mortos que escravos".
Podemos dicir, dunha maneira
romántica, que non desapareceron todos os oestrymnios nin todos os
celtas, apostando máis por a mestura desas razas co sangue romana,
visigoda e mais tarde árabe, conformando deste xeito a raza actual
dos seus habitantes.
Fúndase con carácter de Parroquia de Santa María de
Pino o 18 de Maio do ano 1222.
No ano 1.477 o abade de Castro de
Rei de Lemos afora a Pedro Fernández o casal de Piño.
Pódese asegurar que Piño, nunca contou o longo da súa historia con
minas, saliñas ou muiños e o seu desenvolvemento o longo dos século tivo
que ver exclusivamente da explotación das terras e a gandería.
Pertencente a xurisdicción de A
Pobra do Brollón, un dos escasos "territorios de realengo" que
conservou en Galicia a Coroa. Todas as aldeas deste territorio
durante toda a idade media eran por o tanto de realengo que son
os que teñen por señor a “Su Majestad, Dios le guarde, sin que se
reconozca otro señorío ni por esta razón se pague cosa alguna a
ningún señor”. Un privilexio para a nosa terra nesa época de
tantos séculos que abarca a idade media, xa que a maior parte do
territorio de Galicia era de xurisdicción señorial ou de abadengo,
sendo escasas as terras de xurisdicción real.
Alá por o 1494, os Procuradores de A Pobra do Brollón, Gonzalo de
Losada e Xoan Franco, denunciaran os Reixes Católicos que: "el Conde de
Lemos y sus oficiales obligaban a los vecinos de Puebla a realizar una
serie de serventías y fazenderas, con es ir a labraren en su cavas e
ferrerias, e en otras cosas, e faziendo cortar madera e que los dichos
las llevasen
a sus casas sin les pagar por ello salario alguno".
Referencia: La Nobleza gallega en la Baja Edad Media, de P. García Oro
Os Reies reprenderon os Condes de Lemos por tales abusos, pero os poucos
días, esos mesmos Condes quixeron impor un novo dereito que incluía o
pago da quinta parte de pan e do viño que se recollían en dita terra do
Brollón.
Os veciños resistiron unha vez mais e pediron os Reies unha solicitude
de Amparo, e os reies tiveron que recordarlles unha vez mais os feudais
de Lemos que a terra da Póboa era de realengo e que semellantes
exaccións
foran
prohibidas por as cortes de Toledo no ano 1480.
Para finalizar con este tema, aclararei que a nosa aldea así como as
aldeas do concello de A Pobra do Brollón, sí, debían de
pagar un tributo os Condes de Lemos,
o famosamente
nomeado
"Alcabala Vieja",
imposto que alá por 1750, seguían pagando todos os veciños, como se
desprende da catastro do Marqués da Ensenada. Probablemente este imposto
tivo orixe na época onde os guímaros pelexaban cos feudais e foron
vencidos. Referencias encontradas no libro "Apuntes para la historia de
Monforte de Lemos" de Luis Moure-Mariño.
Piño, pagaba diezmos ó párroco por todo canto producía, como todas as
parroquias, e a famosa Alcabala Vieja a condesa de Lemos, no
século XVIII era de 540 reales vellón , 12 maravedí, veciño llano,
excepto viúvas e solteiros que pagan “6 averiáis que importan catorce
reales y veinte maravedíes vellón uno y otro anualmente”.
No número XX y XXI, sucesivamente, da revista Escolar OUTEIRO,
de Pobra
do
Brollón, publícanse sendos reportaxes das "Respuestas
Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada".
En ambos reportaxes, un sobre Santa María de Pino e outro sobre
San Pedro de Pobra
do
Brollón pódese apreciar, que a
poboación destas localidades era menor que as vivendas que os
conformaban.
San Pedro de Pobra
do
Brollón 31/12/1752
49 veciños
5 pobres de solemnidade que no se inclúen no número de veciños.
126 casa habitables , 4 inhabitables y 12 arruinadas
Santa María de Pino 14 /01/1753
44 veciños
3 pobres de solemnidade que no se inclúen no número de veciños.
54 casas habitables, 6 inhabitables y 2 arruinadas
O descenso da mortalidade que tivo lugar a partir da segunda metade do
século XVI fai aumentar la poboación hasta finais del século XVIII onde
a mortalidade catastrófica aumenta outra vez.A poboación estancase y
decrece de novo. A mala climatoloxía, as malas colleitas, aumento de
prezos. Diferentes guerras (contra Francia revolucionaria 1790, contra
Inglaterra 1796 - bloqueo con América, 1808 guerra da Independencia)..
Contaba nos seus haberes por entón, a nosa aldea, con dez colmeas das
cales seis pertencían a Francisco da Iglesia, tres a Pedro Darriba e
unha a Francisco Nuñez. Un ciruxano Xacobo Dabila, Remixio Pérez
Fernández escribán da súa Maxestade, un estanqueiro de tabaco por menor,
Domingo Armesto, dous ferreiros Joseph y Manuel Pérez. Firman como
testemuña da veracidade destes datos os tamén veciños daquel entón, D.
Pedro Sánchez Somoza, D. Francisco Antonio López Somoza e D. Francisco
Vázquez.
Os anos finais do século XVIII son significativos pola introducción de
novos alimentos tales como o millo e a pataca. (A pataca é un cultivo de
ciclo corto e máis resistente as inclemencias climáticas e millo
producíase moito máis que trigo, ademais, o ser de raíz máis profunda
vai a provocar menos erosión e fai que se esgote menos a terra. Non se
utilizan abonos excepto os naturais dos animais. Vai a aparecer o
cultivo de leguminosas que combinado con outros cultivos evitan os
barbeitos. A agricultura e a gandería, practicada de campos cerrados,
era unha agricultura familiar e moi productiva e ademais, aproveitábase
o bosque para a leña.
Arquitectura Relixiosa
Sabemos que no ano 1.634 da nosa era, construíuse unha capela na
actual Finca de Balboa, por D. Matías López Pallares que aínda se
conserva en pe.
Da antiga igrexa da Parroquia, temos datos que a sitúan na zona chamada
Outeiro, e que o longo do século XVIII trasladase ó Castro e de alí
vólvese a trasladar de novo a mediais do século XIX a situación
actual. Este traslado de Igrexa ten a súa LENDA.
A chegada de los Franceses
Conta a Sra. Visita, comadroa na súa época da aldea que axudou a nacer
a maioría dos natos que agora contan entre 35 e 55 anos e na actualidade
é unha xubilada octoxenaria, que a súa avoa recordaba a chegada dos
franceses por a carreira de Suhortos. A guerra estala de novo e nas
revoltas populares matáronse en Piño a tres soldados galos, enterrando
seus corpos no cemiterio contiguo a Igrexa do Castro.
Chegaron oralmente ata os nosos días moitas historias do pasado e
algunhas delas son xa como unha lenda. Contan os de Suhortos que o
chegares os franceses alí entraron na antiga escola que por aquel entón
era unha gran bodega a onde viñan de tódalas montañas do redor a
buscares viño de Piño nos carros tirados por bois. Púidose escoitar ese
cantar dos ruxir dos carros ata mediados do século pasado.
“1808-1809: A ocupación francesa de Galicia é a menor de toda España
A Xunta de Defensa do Reino de Galicia é o órgano supremo da
resistencia.
Galicia foi o primeiro lugar do mundo no que mediante unha estratexia
de guerras de guerrillas foi posible derrotar a un exército regular
súper poderoso”.(Campagnes en Espagne et au Portugal 1808-1814).
O Duque de Wellington pronuncia a súa famosa frase:
“Españois imitade os inimitables galegos".
Dos años 1845-1850
é o Diccionario Xeográfico estadístico-histórico
de Galicia, do Ministro de Facenda D. Pascual Madoz, que no seu tomo V
refierese a :
"Pino, Santa María: Feligresia
en la provincia y diócesis de Lugo (9 Leguas), partido
Judicial de Quiroga(3 Leguas y media) y ayuntamiento de Puebla del Brollón,
situada en una altura llana con exposición al O. Clima templado
y bastante sano: Comprende los lugares de Vales, Carballal, Castro,
Cerca, Corral de Gándaras, Pacio, Suhortos y Requeixo que reúnes
42 casas de las que solo 42 merecen este nombre; escasea de aguas y
en el verano se surten las más de aguas de pozos. La iglesia
parroquial (Santa María) está servida por un cuarto de
entrada y patronato lego: hay cementerio al E. e inmediación
de la iglesia. El término se extiende por dónde mas a 4/2
leguas, confina por el N. con Freituxe; al E. Eijon y Fornelas ; al
S. La Parte y Fornélas y al O. Ribas Pequenas.
El terreno es de segunda clase
y le baña el arroyo Teijugo, formado de las vertientes de Canedo
y Layosa, el cual corre a unirse al Mao, pero se agota en el
verano: se encuentra algún arbolado de Castaño y prados
de pastos. El camino de Castilla que pasa al Cebrero y Monforte se haya
en mediano estado. Correo: se recibe de Monforte por un peatón
tres veces a la semana. Productos: Centeno, trigo, maíz, patatas, legumbres
y vino; cría ganado vacuno, de cerdo y lanar, hay caza de liebres
y perdices y se pescan algunas anguilas. Industria: la agricultura y
molinos harineros. Población 42 vecinos, 210 almas."
En
referencia a esta descripción que de Piño se fai nesta enciclopedia,
engadimos ademáis dos pozos, que en Piño construironse
minas para levar auga dun lugar a outro para o
seu consumo. Pódense nomear mais de sete minas na aldea, que temos
localizables ainda que están en desuso e na súa maioria están cubertas
de maleza ou terra. Nomeo pois as máis famosas minas de Piño:
Mina de Alexandro situada no Souto; Mina da Cerca sita no Toural;
Mina da Mota; Mina de Balboa; Mina dos Plises; Mina do Murra;
y varias minas nas Dehesas do do Xusto.
As
fontes de auga de manantial, como a fonte de Lugo, a Fonte da Riba e a
Fonte do souto Grande están abandoadas.
REGISTRO
CIVIL
As actas de carácter civil existen dende a creación en España no
1.870 do Rexistro Civil, por tanto as partidas de fecha
posterior a esta poderemos buscalas nas oficinas do Rexistro Civil
ou nas Oficinas Consulares da cidade ou pobo que nos interese.
Ademais, as actas ou documentos relixiosos serven para a busca de
partidas de fecha anterior a 1.870. Haberá pois que dirixir a
investigación os Arquivos das Parroquias, os Arquivos Diocesanos e
os Arquivos Castrenses. Os Arquivos Parroquiais existían dende
moito antes do Concilio de Trento, que establece a obriga das
parroquias de manter de maneira regular e continua un censo dos
bautizos, matrimonios e actos relixiosos que se celebraran nas
Parroquias. Os decretos do Concilio de Trento teñen aplicación total
en España a partir da disposición de 12 de xullo de 1.564, dictada
por Felipe II. Antes desa fecha nalgunhas parroquias xa se recollía
testemuña de ditos actos nos libros sacramentais correspondentes a
bautizados, casados e defuntos a partir de mediados do século XV.
Emigración
Nos últimos anos do século XIX moitos dos habitantes de Piño, como
outros moitos de Galicia, decidiron emigrar en busca de fortuna.
Calcúlase que a finais deste século emigraron 900.000 persoas e no
século XX, 2.000.000 de galegos de forma permanente, o que ven a supor
un 40% dos natos no país e o 2/3 da poboación actual de Galicia. Aínda
hoxe viven na emigración cerca dun millón de galegos, así como varios
millóns de fillos e netos de galegos. Os principais puntos de destino
permanente da emigración foron Cuba, Arxentina, Uruguai, Venezuela,
Colombia, Perú, República Dominicana, Brasil en América; Portugal,
Alemana, Francia, Bélxica e Inglaterra en Europa; Sudafricana e
Mozambique en África; Australia e Canadá. Dentro de España, Barcelona,
Madrid, e Canarias.
Datos extraídos da
Confederación Intersindical Galega
A irmá dun dos meus avós, Xesusa López Díaz emigrou como unha galega
máis a Arxentina no ano 1909, alí tivo 12 fillos, 47 netos e 57 bisnetos
dos cales disfrutou ata o ano da súa morte 1979. Outro dos irmáns
embarcouse de polizón nun barco a Cuba os 12 años de idade. Así como
eles, en todas as casas de Piño había a principios do século XX fillos
e irmáns emigrantes, que non sempre contaban fortuna.
Alá por 1927, celebrábase unha Feira, contan os veciños máis maiores que
se celebrou no monte común do Souto Grande, e foi a consecuencia da
disputa terreal entre os aldeas e a casa da Igrexa. Esta Feira
celebrouse nada máis que un ano.
O redor do ano
30, a tuberculose fai a aparición na aldea e morren por falta de
penicilina a maioria dos membros da familia de gallego unha das
más ricas do pobo naquel entón (REF.)
Na
aldea, de Piño houbo durante o século XX varias tendas. As primeiras que
me lembran e a do sr. Marcial e de seguido a da Cantinera. Logo xa no
ano 1939, nada mas rematar a guerra civil abriuse o Café.
Contan algús
veciños que lembran a tenda do sr. Marcial que era na súa época das
mellores tendas, que tiña uns grandes bacalaos salados colgados e bidós
de aceite a onde ían os veciños abastecerse.
Coa chegada da guerra civil, o pobo sufriu morte e fame, máis non tanto
como nas cidades. Anque a necesidade era extrema tiñan a terra nai
productora de alimento. Contan veciños que había tanta necesidade que
nas épocas da sega onde había que dar de comer as pandillas, poñíase a
o sol o touciño para que collese rancio e non tivesen ganas de seguir
comendo.
As minas antigas de augas, serviron de escondite de armas e homes
durante este período da nosa historia.
Ca chegada da luz proveniente da casa do Folla de Santalla de Rei, en
primeiro lugar, a nosa aldea empezou a prosperar. A radio fixo a súa
primeira aparición e os poucos anos Unión Fenosa, esto foi no 1950
aproximadamente. A televisión a partir de 1965 foi algo xa frecuente
entre os veciños, o sr. Darío López, que máis tarde emigraría a
Mozambique, foi naquel entón o primeiro en traelas o pobo e en
arranxalas.
Nesta época no Café, os rapaces corrían a mirar a televisión e os homes
reuníanse a xogar a partida diaria. O Café que estivo funcionando ata
os años 80 nos que faleceu o dono, o sr. Castor, un dos últimos
representantes da xeración de principios do século XX, como o
Sr.García, o Sr. Xerónimo, o Sr. Pepe do Sono, ou o afamado bruto sr.
Farnés. Eiquí reuníanse con eles algúns de Vales e Centeais que eran
tan brutos como elos. Este café se inaugurouse como cantina con venta
de productos de primeira necesidade, tales como escobas, cafés, aceite
ou azucre a partir de 1949.
A partir de eiquí todo foi avanzar. A chegada dos tractores e dos
automóbiles, o asfaltado da carreteira principal, fixo que as tarefas do
agricultor viranse aliviadas coa maquinaria. Pouco a pouco os
tradicionais carros tirados por bois ou vacas empezaron a pórse en
desuso, así como a elaboración dos pallares e palleiras que chegou o
seu fin.
A mediados da década dos 60, introduxéronse as primeiras cabezas de
ganado de orixe holandés e suízo que producían mais leite que a raza
rubia galega. As familias que tiñan de 2 a 4 vacas pasan a ter entre 6 e
8 e logo na década dos 80 de 8 a 12 cabezas, seguindo así ata a
actualidade na que soamente persisten explotacións de mais de 15
cabezas.
O
final dunha dictadura de 40 anos, e a chegada da democracia fixo crecer
o poder adquisitivo do pobo español, o mesmo pasou nas aldeas, a
medíaos de 1975 todas as casas tiñan ordeñadora eléctrica e tractor.
VALES
E CENTEAIS
Encontramos documentos referíndose a Vales del año 1220.
Lugar
pertencente na súa maioría a parroquia de Santa María de Piño, sendo
un lugar histórico dende o seu orixe.
Houbo
unha granxa císter no pedazo de Vales pertencente a Veiga. Esta
granxa pertenceu os monxes do mosteiro de Santa María de Oseira
dende o século XIII, sendo para eles unha gran fonte de ingresos por
os seus productos e rendas.
Lenda
sobre a fundación de Vales por o Sr. Don Álvaro Seco Parada.
"Na
época na que pelexaban os de Freituxe cos de Veiga, unha noite Xan
de Prata alumándose só cuns fachos de palla encontrouse cos seus
nemigos e farto de tanta pelexa dixo¡Xa vale!. por ese motivo se
chamou Vales".
Centeais
Pertencente a San Xián de Veiga os seus habitantes realizan os
tramites relixiosos, bautizos, comuniós
, vodas e enterros na
parroquia de Santa María de Piño
O
topónimo “CENTEAIS” alude a terras de Centeo por o que cabe deducir
que noutras épocas eran amplos os cultivos deste cereal.
Festas
As festas da aldea de Piño son por tradición no mes de Maio, no día
de Santa Bárbara. Son unhas festas tradicionais galegas con misa
solemne
,
gaiteiros e …¡como no! unha orquestiña a noite
para
o deleite dos máis bailadores.
No 2005 celebrouse a I
Edición do viño novo e da castaña,o 31 de Outubro, na que os
veciños trouxeron a catar o viño novo da colleita acompañado de
castañas e logo as doce da noite en honor a tódolos defuntos leuse o
conxuro da queimada.
No 2006 púxoselle plaqueta os piso do local social e por iso a festa
pospúxose para novembro, onde este ano non se probou o viño
aínda
pero si se fixo un concurso de repostería detrás para ter o postre.
Provincia: Lugo
Concello: POBRA DO BROLLÓN, A
Parroquia: Piño (Santa María)
Lugares:
|
Corral da Gándara |
|
Lugar, O |
|
Pacio, O |
|
Requeixo |
|
Suhortos |
|
Vales |
| |
Barrete de tres |
| |
Tralobouzo |
| |
Pereiro, O |
| |
Pireira, A |
| |
Outeiro |
| |
Pedredo, O
|
| |
Campelo, O
|
| |
Centeais |
|