Txt. Peruchela Fecha: 21/07/2009
Este ano 2009 as festas tiveron un ambente diferente, xa que os ramistas, Pepe e Amancio, coa colaboración de Ivan e Xosé Luis, trouxeron unha carpa e a chuvia e o mal tempo non foi a escusa para que non foran os do pobo. E ir foron. O venres houbo pancetada, amenizda por a discoteca movil e a boa música da que xa deixara constancia na festa da tortilla do ano pasado, de Alejandro e Marta de Santalla
O sábado houbo Charanga matutina e o domingo os típicos gaiteiros, e que non falten xamáis, ainda que non haxa orquestas á noite, porque os gaiteiros nas festas en Galicia, non poden deixar de existir na hora da misa e da alborada senón serían as festas doutra rexión.
Pero orquesta houbo, e moi boas, A Poceiro o domingo e o sábado Costa Dourada e tamén unha colchoneta para os nenos.
FOTOS FESTA STA BARBARA 2009